viernes, 30 de mayo de 2008

Vida

No berce deitado, vendo a súa vida comezar;
todo de cor rosa, nin lle fai faia respirar,
o camiño da súa vida comézanllo a ensinar.

Ao pequeno e doce neno
regálanlle a liberdade,
paso a paso, lentamente,
o neno comeza a camiñar.

Asustado e sen pensar
o neno comeza o seu sendeiro;
con paso firme: non cae.
Un día tropeza, unha pequena caída,
xa o alma comeza a resentir.

O neno crece; é home,
as caídas repítense máis continuamente.
Cando se recupera resoa na súa cabeza:
mañá, mañá, mañá...

O home evoluciona, chegou o ancián,
e o día comezou e mañá xamais chegou.
Agora a súa alma repite:
hoxe si, mañá non.

Amencer

No hay comentarios: