viernes, 30 de mayo de 2008

A vida

Unha vez o meu avó contoume un conto, cando eu era pequeno. Non sei de onde o sacou, nin sequera sei se o sacou dun libro. Díxome: “Agora ti es meu neto e eu teu avó, e vouche contar este conto”.
Un home ía camiñando por un camiño. Gustáballe andar longos paseos e sempre cambiaba de rota.
Aquel día cruzou por unha ponte e entrou nun pobo que el non coñecía. Cando se deu de conta atopábase entre lápidas.
“Manuel Gutiérrez. Faleceu aos 12 anos de vida”, “Xosé Andúxar. Faleceu aos 10 anos de vida”...
O home quedouse pensando, todos morrían con menos de 15 anos, se cadra 16.
De alí a pouco cruzouse cun home e preguntoulle:
-Que terrible monstro é o que habita este pobo para que ninguén viva máis de 15 anos?
O home explicoulle que nese pobo había unha vella tradición:
-Cando alguén nace neste pobo regálaselle unha libreta. Nesa libreta anotará ao longo da súa vida os mellores momentos que tivo: o seu primeiro bico, canto durou, o seu fillo...Cando esa persoa morre, os seus familiares suman o tempo que duraron todas esas cousas, e póñeno na súa lápida, porque ese é realmente o tempo vivido.

Champion

No hay comentarios: