viernes, 30 de mayo de 2008

Unha viaxe espacial

Un día estabamos en Coñecemento do Medio e chegou un home que nos quería invitar a facer unha viaxe polo espazo. A min dábame un pouco de medo ir ao espazo con descoñecidos. A mayoría decidiu que sí, así que alá fomos. Iamos montar no foguete cando Soraya preguntou:

_ ¿É obligatorio montar?
O home contestou de broma…
_ ¡Nooon, se queres podes ir voando…!

Todos nos rimos moito e ao cabo dun pedazo o foguete espacial despegou. Tardamos moito tempo en chegar. Cando andabamos polo espazo vimos a Lúa, o Sol, e incluso pequenas estrelas que flotaban e brillaban polo espazo. Contemplamos a Marte, a Plutón, a Xúpiter, a Urano… O home díxonos que se alguén quería levar un recordo desta viaxe, podía sacar fotos dende as fiestras da nave espacial. El quitoulle unha foto a cada planeta e regalounos unha copia a cada un de nós. Todos mirábamos abraiados as estrelas polas ventás do foguete.

Cando chegamos a Pino de Val fomos para a nosa clase. Fixemos unha redacción entre todos sobre a nosa viaxe espacial. Foi a redación máis bonita do Universo.

Relato nº3

No hay comentarios: