viernes, 30 de mayo de 2008

Un monstruo chamado Paspán

Había unha vez, nun país de moi lonxe, un monstruo chamado Paspán que tiña un grave problema. O seu problema era que non tiña dentes, e todo aquilo que máis lle gustaba non o podía comer. Só podía comer papillas de búfalos e cousas así.
Un día decidiu sair a pasear, e como non facía máis que ver cousas moi ricas e deliciosas, tivo unha idea. Como se achegaba o Nadal, decidiu escribirlle unha carta a Papá Noel. Cando chegou á casa acendeu unha pequena vela, colleu un folio e unha pluma, abreu un bote de tinta e púxose a escribir. Na carta pedía un puñadiño de dentes. Ó rematar duchouse, comeu unha aburrida papilla e foi para a cama. Paspán soñou que Papá Noel lle traía os seus dentes nunha bolsa xigante. Papá Noel deixáballe a bolsa debaixo da súa cama. Cando o monstruo espertou non recordaba exactamente o que soñara, e buscou por todos os recunchos da casa menos debaixo da súa cama. Paspán xa estaba desesperado cando chegou a súa nai da rúa cunha bolsa na man dicindo que a atopara debaixo dun coche tapada cun pano amarelo. Paspán, todo contento, abreu a bolsa e viu algo blanco no seu interior. Cando viu que eran os dentes que el tanto desexaba, volveulle mandar unha carta a Papá Noel dicíndolle que estaba moi contento e dándolle as grazas. Pero o problema de Paspán non rematara aquí, porque ¿como ía por Paspán os dentes na súa boca?
O monstruo foi buscar a un cocodrilo amigo que se chamaba Lambón, e que en vez de porlle os dentes queríao comer enteiriño, sen asar nin nada. Paspán marchou correndo.
Foi entón a buscar a ra Risitas, que cando lle puxo o primeiro dente deulle un ataque de risa tan grande, que como non podía parar tivo que deixar de axudarlle porque coa risa non se daba concentrado.
O pobre Paspán xa non tiña ningunha esperanza de poder por os dentes que lle regalara Papá Noel. Decidiu gardalos nunha caixa ata que atopara un bo amigo que lle axudara.
Mentres seguiría comendo papillas, esperando con pacencia a poder por os seus novos dentes. Estaba seguro que pronto chegaría ese día, so tiña que esperar.

Relato nº5

No hay comentarios: