miércoles, 28 de mayo de 2008

A tesoira independente

A miña veciña ten sete anos e chámase Martita. Soe levar o pelo solto, aínda que súa nai ás veces ponlle coletas. Pero unha vez chegou á miña casa con apenas catro pelos sobre a fronte. Cando lle preguntei qué lle pasara díxome que esvarara e caera enriba dunhas tesoiras moi fedellas que había na súa casa. As tesoiras estaban abertas e “tras”, ao caer Martita sobre elas, pecháronse e cortáronlle o pelo. Non fora culpa dela.

Uns días despois apareceu con outro corte no pantalón: “Menos mal que era un pantalón que non me gustaba e que xa mamá me tiña que comprar outro- dixo convencida- Estas tesoiras moi malas son, andan a cortarme todo”

Os días seguintes foi o pelo do can, unha división do libro de mates que se lle resistía, o pelo das monecas…”É unha tesoira moi independente”, dicía Marta cando lle berraba súa nai.

A véspera da voda da súa tía, Martita apareceu outra vez co pelo cortado, esta vez si que a fixera boa. Cando lle preguntei qué lle pasara contestoume “Desta, a tesoira independente si que se pasou”

O neno pobre

No hay comentarios: