miércoles, 21 de mayo de 2008

Pedro da Capela

Pedro da Capela nacera no ano 1870 na Capela da Madalena da Vila de Arzúa e na mesma vila vivía dende entón. Home xusto e de principios Pedro nunca facía nada que fora anormal. Era un home relixioso e bo, polo que ninguén o quería mal. Certo día Pedro foi de pesca ó río Iso. Viu alí que un home que semellaba un peregrino parecía buscar algo preto dunha rocha no río. Pedro esqueceuno e seguiu ó seu. Xa era case media maña cando o peregrino tornou a aparecer, pero non era un peregrino. Era un inglés que cun papel na man buscaba algo no lugar. Pedro como persoa ben ensinada deulle os bos días. O home a súa vez cunha educación exquisita deulle tamén os bos días. Comezaron unha conversa na que comezaron a falar do que aquel home procuraba por alí. O home mirouno detidamente coma se non se decidise a falar. Pedro non porfiou. Logo de recoller as cousas e ter pescado tan so cinco troitas e un peixe, o home se lle achegou e dixo: -Non teño cartos para pagarche pero se me das o peixe para comer digoche o que estou a buscar nesta vila.
Pedro sopesou o negocio e como home relixioso deulle o peixe. Á noite seguinte cando Pedro xa case o esquecera sentíu un son que chegaba da palleira. Pedro baixou alí atopando ó home alí. O home pediulle desculpas a Pedro e seguidamente contoulle que era o que buscaba. Facía moitos anos un corsario logo de asaltar os barcos piratas berberiscos chegou cun gran tesouro a aqueles lugares. O capitán e dez mariñeiros levaran o ouro ata esa vila. Como o inglés tiña que tornar o seu país deulle o caderno co mapa e as instruccións a Pedro. A noite pasou e o día naceu cun fermoso sol, o inglés partira xa, e Pedro atopou o caderno que medio durmido meteu por dentro da camisa preto do peito. Pedro observou os debuxos e as palabras que alí aparecían. O primeiro, unha pedra erguida coma un dedo sinalando o ceo, e xunto a ilustración unha frase “Dende aquí o mosteiro dos cabaleiros que están a durmir”. Pedro meditou e acadou a resposta. A seguinte pista era unha frase moi ilustrativa “En fronte o Escudeiro de escudo gastado, mirando dende o león e a estrela, tras as letras da mensaxe. Alí atoparas o camiño ó lugar onde está o prezado ouro”. Pedro non atopaba a resposta, e só a atopou cando o cura da parroquia lle pedíu que oficiase de sacristan seu na misa que oficiaba tódolos anos na Capela da Madalena. Foi entón durante o oficio relixioso cando descubríu a resposta. Dous meses despois Pedro entregoulle o cura en segredo dous obxectos, un deles era unha fermosa cruz de prata, o outro unha cunca ouro con filigrana de prata e unha gran maxestosidade. Pero Pedro segundo o cura deixara un obxecto onde estivera todo o tesouro e que non se atrevera a coller. Un obxecto que tiña un pergamiño coas verbas “Daqueles Cabaleiros do Mar que unha vez nel navegaron. Espera o novo herdeiro, o dourado cabaleiro, que na súa man con honor o levará.”. O cura dicía: - Ese obxecto aínda está esperando a que alguén o colla, podes ser ti ou o teu fillo, e de seguro que os acadará moitas riquezas, e entregará dons que poucos homes poden acadar. Polo tanto homes coma nenos poden aínda tratar de buscalo, aínda que o caderno se perdeu, pois as pistas no conto dan unha boa indicación.

Adanamarth

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Espero que perdoen o meu galego pois son alleo a forma escrita deste idioma coa escepción da poesía medieval, e ter lido autores coma Alvaro Cunqueiro.
Creo, polo tanto, que pola semellanza coa oba deste último autor do que falei deberíaselle dar un premio pois é un relato moi logrado e documentado.
As minhas felicitacios ao autor ou autora do mesmo.

CARNOTA dijo...

A min paréceme que este texto non está adaptado para ser un relato curto xa que a primeira parte é clara, repousada cun aire de misterio que logo, a partir do caderno, se precipita hacia un final cando realmente se debía desenvolver con tranquilidade e coa extensión axeitada. Esta é a opinión dun aficionado á lectura, mais non dun experto. Se estou errado gustaríame sabelo.

Adanamarth dijo...

En canto ó comentario de Carnota teño que falar no meu favor. O texto era máis longo de 76 liñas, co cal era máis repousado en non ía tan rápido. Obviamente, sen darme conta envieino coas 76 liñas. Entón dixenronme que se facía o favor de acortalo, e foi o que fixen, co cal o relato perdeu un pouco e fíxose moi dinámico.
Eu tamén son moi aficcionado a ler levo lendo libros dende os 4 e 5 anos. Libros de todo tipo e son moi crítico con todo aquelo que escribo. Sei que o texto é moi dinámico pero teño lido textos aínda maís dinámicos co meu, e non pasar por iso nada.
En fin, Carnota a causa desa celeridade que perciviches no relato ben dada pola razón que expresei, que o relato era mais longo e tiven que amoldalo para que entrase nos lindes que pide o concurso.
En canto a comapración do Anónimo gracias por facela, pero eu non lle chego nin a sola dos zapatos a Alvaro Cunqueiro aínda que certamente ten unha similitude con contos de "Xente de aquí e de acóla".
Sorte a tódolos participantes no concurso pois en tódalas formas poesía e relato curto vín cousas con moita forza e calidade, espero que nunca deixen de escribir. Eu non o farei.
Atentamente,
Adanamarth