viernes, 23 de mayo de 2008

Os libros ¿meus amigos?

Bos días, chámome Brandon ¡bo! Pero iso non interesa agora. Eu o que quería era contarvos unha historia de “terror”.
Ocorre unha mañán calquera cando miña nai me desperta gritándome ¡Brandon que chegas tarde ao colexio!.Vestínme a toda présa, lavei a cara, peiteeime, almorcei e saín escopetado.

Dez minutos máis tarde toca o timbre e subo as escaleiras e atópome cos meus peores innimigos, ¡que nunca me deixan en paz! ¡Lengua!, que coa súa irmá ¡Lingua! e as compañeiras pixas da clase, vanme traumatizar ou algo parecido; ¡Matemáticas!:xa vou a cobrarche tío, que non son o teu psiquiatra, todo o ano contándome os teus problemas ¡Fai amigos chato!, Inglés: que non te entendo, vaite para o teu país e por favor... ¡non volvas! Plástica... ,: que non son Picasso pesado, pero o peor é Coñecemento do Medio, ¡tanto óso, tanto río tanta historia que a ninguén lle interesa!¡e mira que pesas!, vasme provocar unha reuma; Ed. Física... parece que tes un formiguillo no cu, que me fas estar movendome sempre .¡Frea chaval!

Pero... a pesar de todo, os libros son bos, sempre teñen sorpresas e son entretidas e enseñanche moitas cousas. Nunca dixes de ler e de estudar, é polo teu ben.

“O pato mareado”

No hay comentarios: