miércoles, 28 de mayo de 2008

Os colgantes da Luz

Rose era una rapaza duns 18 anos. Vivía nunha vila mariñeira cos seus pais e a súa irmá pequena, que se chamaba Flor.
A Rose gustáballe moito ir á praia, e non só a nadar, senón tamén a ler. Cando non tiña clase sempre ía ler á praia e tamén a encontrarse cunha amiga súa. Aquela mañá, nada máis almorzar foi á praia cun libro, disposta a estar alí ata o mediodía.
-Ola, Rose!
-Ola, Chamamar. Trouxen o libro das Fadas da Luz. Seguimos lendo?
Rose non podía pensar que, escondida detrás dunha rocha estaba súa irmá Flor, que era unha curiosa. Flor quería saber por que Rose pasaba tanto tempo na praia.
Cando Rose marchou Flor pensou que era unha boa oportunidade para meterse nos soños e nos libros de fadas, e dirixiuse a Chamamar.
-Ola! Como te chamas? Eu chámome Flor e son a irmá de Rose. Teño un libro sobre sereas de Damas do Mar. Poderiamos lelo xuntas.
-Eu son Chamamar. Encantaríame ler contigo!
Flor púxose a ler:
“ Violeta colleulle o seu Colgante da Luz…”
-O Colgante da Luz serve para transformarse en fada, serea, Dama do Cristal…Sería marabilloso ter un.
-Pois mira, Flor, hai unha cova na que se entras podes atopar o que máis desexas. Poderían estar alí.
- Perfecto! Que tal se entraras nesa cova e estiveran os colgantes? Poderiamos ser coma as Damas da Luz…
-Aínda que estiveran, a porta está pechada…Anda, a Rose quedoulle o bolso! Pero…Flor, que fas? -Miro o que ten dentro…Aquí hai unha chave con forma de bolboreta e unha caixiña de cunchas…Terán algo que ver coa porta?
Dito e feito. Chamamar mergullouse e volveu axiña con dous colgantes de pedras preciosas. Colgaban de cadeíñas de prata e ouro que había na caixa. Un para cada unha.
Flor estaba moi orgullosa do seu colgante en forma de lúa e sempre ía á praia a nadar, claro está, transformada en serea. Un día, mentres nadaba, atopouse cun grupo que comezaran a falar entre elas. E nada máis vela…
-Ten un colgante da luz! Ten un colgante da luz! Sabes onde están o resto dos Colgantes da Luz? -Eu sei que un está no Cofre dos Desexos, e que é para unha moza chamada Rose, pero non sei, non sei…
Flor botou a correr para a casa. Tiña que dicirlle a Rose que andaban a buscar o colgante, pero cando chegou atopouse con que Rose sorría e levaba o colgante en forma de bolboreta colgado dunha cadeíña dourada.
-Sabes, Flor? Vou avisar a Chamamar e a despedirme dela- dixo Rose correndo cara a praia. Flor pensou “Esta Rose está tola , non pensa máis ca nos contos de fadas, e iso que xa ten 18 anos. Bah!”

Palabra

No hay comentarios: