viernes, 23 de mayo de 2008

O libro amigo

Naquela casa non había moita ledicia, pois o único neno que tiñan aqueles pais, estaba enfermo. Non é que fora moi grave a cousa, pero si que os seus pais estaban preocupados polo pequeño Xaquín.
Un bo día a nai de Xaquín tróuxolle un libro do mercado que se celebraba na praza daquel pobo. Cando llo deu ó neno, non lle fixo demasiada ilusión, pero en canto quedou só co libro, este cobrou vida, púxose dereito enriba da cama e dirixíndose a Xaquín –que estaba todo asustado- díxolle: “Non teñas medo, pois en só quero o teu amigo e voeche contar un conto para animarte un pouco”.
Así foron pasando os días entre conto e conto; historias maravillosas que lle contaba o libro. Cando o neno se quedaba durmido o libro colocábase só enriba da mesiña.
Os seus pais poideron observar como Xaquín ía recobrando a alegría co paso dos días. O neno contáballes que tiña un novo amigo, o cal dáballe moitos ánimos para recuperarse.
Manuel e Rosa, pensaban que o seu fillo tiña moita imaxinación, pero como eso funcionaba e o seu fillo milloraba co paso do tempo tampouco o querían desenganar de que era a súa imaxinación pois na habitación non había ninguén.
Ó cabo de puco tempo Xaquín ca curara, pero nos momentos que tiña libres, non deixaba de ir para a habitación a visitar ao seu amigo “o libro” para que este lle contara historias que tanto lle gustaban, e así pasar un bo rato.
Xaquín decatouse, que aparter dos seus amigos, tamén un libro podía ser un “amigo grande”

"O fraco da colina"

No hay comentarios: