viernes, 30 de mayo de 2008

A miña gata Trina

Eu tiña unha gata chamada Trina. Tíñalle moito cariño. Ela estivo conmigo dous anos. A súa morte foi moi tráxica, atropelouna un coche.

A miña familia e máis eu quedamos moi tristes porque a queríamos moito. Morreu en Xaneiro e cada vez que me acordo dela bótome a chorar. Lembro moitas cousas dela. Como facía polas mañás que empezaba a miañar ata que miña nai lle abría a porta. Subía coma un foguete as escaleiras ata o meu cuarto a despertarme tirándome do pelo e lambéndome a cara. Metíase conmigo na cama ó quentiño.

Tamén me acordo cando tivo os cinco gatiños. Ela sufriu moito, os gatiños os tiña na barriga mortos. Costoulle moito parilos. Precisou a nosa axuda. A miña nai axudáballe a sacar os gatiños cando xa tiñan a cabeciña de fóra. A miña irmá estaba aguantándoa e dándolle cariño. O veterinario pinchábaa para darlle forzas e contaba con ela morta porque ningunha gata sobrevivira esta situación. Sobre todo porque Trina era moi nova para ter gatiños. Un mes despois o veterinario voltou a visitala para sacarlle o tratamento que tivo despois do embarazo e tamén nos recomendou a súa esterilización. Finalmente estivo ben ata que morreu no accidente.

Aras

No hay comentarios: