lunes, 19 de mayo de 2008

Levantarme

Cando espertei era tarde.
A luz xa pasou pola miña ventá,
quizais volva mañá
pero as tebras impiden levantarme.

Mirámonos con ollos de medo
sen entendernos.
Cando só debemos querernos,
perdernos foi o noso credo.

Gústame como es
aínda que digan que non es para min.
Cústame moito non verte aquí
xuntos como antes.

Non pretendo de idea trocarte
pois o amor non se fai
nace, iso é o que hai,
pero non podo menos que amarte

Basta xa de chorar,
é hora de aceptarme
e nunca máis xulgarme.
É tempo de amar.

Sigma

No hay comentarios: