viernes, 30 de mayo de 2008

A bruxa ¿boa ou mala?

Contase que hai moitos anos viviu unha bruxa na Serra do Courel. Chamábase Emperatríz e os seus veciños non a aceptaban porque pensaban que era mala, nunca falaban con ela, sempre a desprezaban, cando ía ó supermercado cobrábanlle demais, so polo feito de que pensaban que era mala. Pero ela non era unha bruxa mala, senón unha bruxa boa. Tan boa era que tódalas noites de Noiteboa deixaba un regalo en cada porta das casas da vila, e nas que había rapaces deixaba un xoguete. A mañá seguinte os nenos e a xente maior sempre pensaban que era Papa Noel.
Un ano Gabriela e Afonso, dous irmáns de 10 e 11 anos, que vivían na vila quedaron a mirar pola fiestra para ver a Papa Noel, pero non o viron a el , senón á bruxa repartindo os agasallos polas portas das casas.
Unha tarde cando a bruxa se dirixía o súa casa despois de ir ó supermercado, dous veciños da vila de mediana idade seguírona. Ela abriu unha porta que dirixía abaixo da terra, entre a maleza. Cando os dous homes volveron ó pobo contaron o que viran e entre todos quitaron a conclusión de que era mala. Os catro nenos non o crían e o seguinte día vixiárona cando foi ó supermercado e despois seguírona. Cando a bruxa abriu a porta cunha chave os nenos correron para que non se pechase pero foi en van. Gabriela sacou unha pinza do pelo e forzou a porta e os catro nenos entraron. Ó entrar acendeuse unha luz e viron todo moi colorido e con moitas flores e os catro pensaron que non podía ser como dicían os maiores. Un pouco máis adiante Alberte premeu un botón e abriuse unha porta,… era o cuarto da bruxa. Quedaron mirando e aparecéuselles a bruxa por detrás e díxolles
Bruxa - ¿ Qué facedes?
Gabriela- Pois é que os nosos maiores dixeron que vostede era mala, e nos non o creemos porque vímosche poñer os regalos nas portas das casas polo Nadal.
Bruxa- ¿ E que facedes aquí?
Alberte- Viñemos investigar se es boa ou mala.
Vanesa- ¿Es boa ou mala?
Bruxa- Son o que vos pensades.
Alfonso- Entón es boa.
Bruxa- Claro que son boa, ¿estades cansos? vinde beber.

Ó acabaren de beber ensinoulles a casa, por petición dos nenos, e deulles de xantar. Máis tarde levounos por uns pasadizos e foron saír a un inmenso xardín, alí a bruxa tiña un can, chamado Trosky, e unha gata chamada Misifú. Os nenos xogaron cos dous animais, miraron no libro de maxia. Logo a bruxa coa súa maxia regaloulles un ramo de rosas de cristal e un balón de coiro. Os nenos volveron ás 7 de tarde e os pais berráronlle porque estaban moi preocupados por eles. Os nenos contaron o que pasara e que lles deran aqueles regalos, e os pais viraron tolos e emprenderon camiño cara a casa da bruxa. Cando chegaron alí os nenos petaron naquela porta do chan, a porta abriuse soa e os pais dos rapaces asustáronse e botáronse un pouco cara atrás. Os cativos, sen medo, entraron e os pais seguíronos, acendeuse unha luz e os pais, ó ver aquel sitio tan colorido e con tantas flores, pareceulles raro. Porque as bruxas malas non terían aquelo como ela, tan colorido e con tantas flores.
Despois de falar coa bruxa e ensinarlles o seu libro de maxia, decatáronse de que a maxia que facía a bruxa era boa, logo de contarllo aos veciños todos quedaron aliviados, e en sinal de desculpa fixéronlle unha gran festa na praza do pobo e nunca máis tiveron conflictos. Dende aquel día deixáronlle de chamar bruxa e comezaron a chamarlle MEIGA e FADA.
Relato nº4

No hay comentarios: