lunes, 19 de mayo de 2008

Atopeima coa túa palabra

(A J.M.Álvarez Blázquez)

Por entender que o tempo flúe
entre a maltreita vía do desamparo,
quixen asestar un golpe ao sentimento
oculto nos recodos dun poema.

Alí reencontreime coa túa palabra
perdida en simulados labirintos;
e sentín que de súpeto amencía
unha aurora boreal no meu norte.

Vertiches azucre no meu fogón de fel,
ordenaches fíos na miña madeixa
dunha infinidade de albores enrarecidos;
e puiden achar o verbo azul dun mar en calma.

Nesa confluencia dos meus ríos,
o muíño de min fíxose torrente
naquel leito seco dos versos
que quixeron xogar un día a ser maiores.

Nacriscomag.


No hay comentarios: